Unha charla en Monforte orienta sobre a regularización de inmigrantes

A charla foi impartida Celia López Rodríguez, avogada especializada en materia de estranxeiría do Programa de acollida e inclusión social de persoas inmigrantes do Concello. Foto GPCM.

O Centro Cívico Social de Monforte acolleu recentemente unha charla informativa sobre o proceso extraordinario de regularización de persoas inmigrantes, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. A sesión, impartida por unha avogada especializada en estranxeiría, estivo aberta á cidadanía e permitiu explicar de forma clara os requisitos, prazos e procedementos vinculados á nova normativa estatal.
Arredor de 60 persoas asistiron á actividade, que incluíu tamén un espazo para resolver consultas de maneira individualizada. Desde o Concello sinalaron que esta iniciativa pretende facilitar o acceso á información e reforzar o acompañamento administrativo das persoas migrantes, co obxectivo de favorecer a súa integración social e laboral no municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación inicia a consolidación dos restos da antiga Torre de Tor

Seguinte Nova

Novas axudas para ganderías de razas autóctonas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss