
A Casa da Cultura de Chantada acollerña ata o vindeiro 29 de maio a exposición “Fotografías de Tradicións para o Recordo”, impulsada por AFA Chantada dentro do seu programa de envellecemento activo. A mostra reúne imaxes antigas cedidas por persoas usuarias e familias, combinadas con fotografías actuais que evidenciaron cambios na contorna. Desde a entidade destacaron que a iniciativa “favorece a memoria emocional e o orgullo persoal”. O proxecto contou co apoio da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello. A exposición está dispoñíbel para visitas en horario de mañá e tarde durante a semana.•





