
O Concello de Chantada celebrou o pasado venres 8 de maio a III Festa da Xuventude, organizada pola Concellaría de Xuventude e marcada por varios axustes de última hora na programación inicial. A charanga Mekanika Rolling Band percorreu as rúas desde primeira hora da noite, antes do pregón pronunciado por Elysoal na explanada da rúa Taboada. A continuación actuou a popular orquestra Panorama, seguida de La Fórmula na contorna do pavillón municipal. Para facilitar os desprazamentos habilitáronse catro rutas do Noite Bus con regreso ás cinco da madrugada.
A concelleira Belén Vázquez Caseiro destacou que o evento estaba dirixida “a quen quixese gozar dunha noite de lecer”.•





