A Pedra Cabaleira do Courel destaca en Geoheritage pola súa singularidade xeolóxica

O estudo reforza a proxección internacional do Xeoparque e abre a porta ao recoñecemento da IUGS. Foto GPXMC.

A difusión do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Montañas do Courel deu un novo impulso coa publicación dun estudo sobre a Pedra Cabaleira na revista Geoheritage. O traballo analiza esta rocha sedimentaria ligada ao Val do Sil, empregada desde a Idade Media en construcións destacadas como igrexas e castelos, e recoñecible pola súa cor avermellada derivada dos óxidos de ferro.
A investigación define varias tipoloxías segundo as súas propiedades físicas e explica a súa presenza en diferentes puntos do territorio, incluíndo Quiroga, Valdeorras e áreas próximas do Bierzo. O artigo sitúa a Pedra Cabaleira como candidata á categoría IUGS Heritage Stone, recoñecemento internacional para materiais relevantes no patrimonio cultural.
O Xeoparque continúa así a súa liña de traballo baseada na divulgación científica e o impulso do xeoturismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta e o Concello aceleran a reparación do acceso a Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel

Seguinte Nova

Chantada analiza o potencial turístico do ceo nocturno cunha xornada formativa

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss