Jessica Denise Bazaes, veciña do Saviñao, gaña o concurso do cartel das Patronais de Monforte

Foto ARQUIVO GPCM.

O Concello de Monforte xa escolleu a imaxe oficial das Festas Patronais de 2026. O xurado da XXI edición do concurso de carteis concedeu o primeiro premio á proposta presentada por Jessica Denise Bazaes Latrille, veciña do Saviñao, baixo o lema “Luz da Fada”. O traballo será empregado como cartel anunciador das celebracións e tamén como portada do programa festivo.
Nesta convocatoria participaron corenta deseños, o dobre que na edición anterior, converténdose na máis concorrida dos últimos anos. A maioría das propostas chegaron desde Monforte e outros municipios galegos, aínda que tamén se recibiron traballos doutros puntos do Estado. O premio está dotado con 1.000 euros e o cartel será presentado publicamente nas próximas semanas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte mobiliza máis dun millón de euros para renovar rúas e pistas da cidade

Seguinte Nova

Monforte licitou xa as primeiras obras do novo plan viario municipal

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss