O Concello de Monforte iniciou a licitación das dúas primeiras actuacións incluídas no novo plan de mellora de infraestruturas viarias, cun investimento conxunto superior aos 278.000 euros. Os proxectos afectan á Avenida de Galicia-Rúa Chantada e á Rúa Vigo, dúas vías estratéxicas para a mobilidade urbana.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana ambos expedientes, xa publicados na Plataforma de Contratación Pública. As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 8 de xuño. Na Avenida de Galicia renovarase o firme entre a rúa Cardenal e a rotonda do Hórreo, nun tramo de máis dun quilómetro. Na Rúa Vigo actuarase desde o cruce coa estrada da Vide ata o barrio do Casar.•





