O Concello reforza a súa programación cultural co apoio do plan Ler Conta Moito 2026

A Consellería de Cultura confirmou que a biblioteca municipal de Sober figura entre as 37 da provincia que recibirán apoio económico a través do programa Ler Conta Moito 2026. O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a resolución publicada no DOG asigna máis de 30.000 euros ás iniciativas de dinamización lectora impulsadas polos concellos lucenses.
As actividades inclúen contacontos, obradoiros creativos, encontros literarios, proxeccións audiovisuais e propostas vinculadas á música, ás artes escénicas ou á divulgación cultural. O obxectivo é ampliar a oferta para público infantil, xuvenil e adulto.
Arias lembrou que tamén está aberto o prazo para solicitar axudas destinadas á compra de novidades editoriais en lingua galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón avanzou na mellora do saneamento tras unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente

Seguinte Nova

Sober súmase a Retorna Galicia para recuperar vivendas e atraer poboación

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss