O PPdeG acusa a esquerda de fomentar a crispación política en Lugo

Paula Prado defende a moción impulsada polos populares e
Elena Candia pide abrir “unha etapa de moderación e serenidade”. Foto GPPP.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, criticou en Lugo a reacción de PSOE e BNG ante a moción promovida polos populares para cambiar o goberno municipal. A dirixente popular acusou ás formacións de esquerda de manter unha “escalada de odio” e reivindicou que a iniciativa presentada polo PP inclúe 45 medidas “pensadas para os lucenses”. Prado participou nun acto xunto a Elena Candia, á que felicitou polo traballo desenvolvido nos últimos anos na oposición municipal.
Candia defendeu a lexitimidade da alternativa política impulsada polos populares e lembrou que o PP foi a forza máis votada nas eleccións de 2023. Candia asegurou que Lugo precisa “menos confrontación e máis entendemento” e apostou por iniciar unha nova etapa baseada na “moderación e serenidade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lara Méndez sinala a Elena Candia por “mercadear” coa Alcaldía de Lugo

Seguinte Nova

Pontón cualifica de “indecente” a moción de censura en Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss