O PSdeG reclama a reapertura inmediata do matadoiro de Sarria

Benjamín Escrontela denuncia que Claudio Garrido leva anos cuestionando a xestión pública do matadoiro. Foto ARQUIVO.

O PSdeG de Sarria reclamou a reapertura urxente do matadoiro municipal, pechado desde hai máis de tres semanas. O portavoz socialista, Benjamín Escrontela, advertiu das consecuencias que esta situación está a provocar en gandeiros, carnicerías, pequenas explotacións e empresas vinculadas ao sector cárnico da comarca, obrigadas a recorrer a instalacións doutros concellos e asumir novos custos.
Os socialistas consideran que o matadoiro representa un servizo estratéxico para manter actividade económica ligada ao rural e ao produto de proximidade e criticaron que o executivo de Claudio Garrido non actuase “con urxencia” para resolver os problemas técnicos e garantir a continuidade do funcionamento das instalacións.
Escrontela sostén ademais que o actual peche evidencia unha falta de aposta política polo servizo. O PSdeG lembrou que o matadoiro xa permanecera clausurado durante varios meses en 2024 e asegura que a súa reapertura se produciu pola presión exercida polo sector e a veciñanza. Tamén puxo en valor o apoio económico doutras administracións ao mantemento e mellora do recinto.
A formación socialista pediu ao Concello que informe publicamente do estado das reparacións e dos prazos previstos para recuperar a actividade. Tamén solicita a elaboración dun plan de mantemento que evite novos peches prolongados nunha infraestrutura que consideran clave para a economía local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ultreia et Suseia volverá en xullo cunha ampla programación cultural

Seguinte Nova

Sarria acollerá en maio o espectáculo ‘Risas con perspectiva feminista’

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss