Sober convoca tres bolsas internacionais para formación fotográfica con Antoine d’Agata

As axudas permitirán participar gratuitamente no Taller de Verán organizado por La Plantación. Foto GPCS.

O Concello de Sober abriu a convocatoria de tres Bolsas Culturais Internacionais Pintor de Castinandi, destinadas a persoas de ata 40 anos interesadas en ampliar a súa formación artística. As axudas permitirán asistir de maneira gratuíta ao Taller de Verán de fotografía impartido por Antoine d’Agata do 12 ao 17 de xullo na Casa Grande de Rosende. Cada bolsa está valorada en 895 euros.
As persoas aspirantes deberán presentar unha carta de motivación e un dossier co seu traballo fotográfico. As solicitudes poderán enviarse ata o 25 de maio e serán avaliadas por un comité mixto. O Concello destaca que esta iniciativa reforza a proxección cultural do municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober súmase a Retorna Galicia para recuperar vivendas e atraer poboación

Seguinte Nova

Quiroga homenaxea á escritora Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss