A Ribeira Sacra reforza a súa candidatura á Unesco no Encontro Internacional da Paisaxe

O acto salientou a “paisaxe cultural única” da Ribeira Sacra como argumento principal na súa candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco

A reunión permitiu revisar actuacións, definir prioridades e analizar o impacto crecente da ruta xacobea. Foto GPXG.

A Ribeira Sacra converteuse esta semana no epicentro do debate internacional sobre a protección da paisaxe coa celebración en Nogueira de Ramuín do 27º Encontro Internacional do Convenio da Paisaxe. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na inauguración xunto ao secretario de Estado de Cultura, Jordi Martí, nun acto no que salientou a “paisaxe cultural única” deste territorio como argumento central da candidatura á Lista de Patrimonio Mundial da Unesco.
O representante autonómico considerou especialmente axeitada a elección da Ribeira Sacra como sede do encontro, ao reunir delegacións de máis de corenta países nun espazo no que a auga definiu a xeografía, os modos de vida e un patrimonio que se mantén vivo. Acompañado polo director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, López Campos destacou os “atributos excepcionais” dun territorio que abrangue 26 municipios das provincias de Ourense e Lugo.
Na súa intervención, puxo o foco na singularidade dos canóns fluviais e no amplo conxunto de infraestruturas hidráulicas conservadas, desde muíños tradicionais ata centrais históricas. Subliñou que esta combinación de elementos representa un modelo cultural pouco presente na Lista de Patrimonio Mundial, o que reforza a candidatura galega.
O conselleiro lembrou tamén o investimento da Xunta na conservación deste territorio, con preto de oito millóns de euros destinados á recuperación de máis de corenta bens patrimoniais. Ademais, mencionou as máis de noventa actuacións realizadas en colaboración con concellos e outras institucións. Concluíu asegurando que a candidatura é “sólida e con argumentos firmes” e que Galicia afronta con optimismo a fase final do proceso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Turismo de Galicia e os concellos do Camiño de Inverno avanzan na planificación polo X aniversario

Seguinte Nova

Prata estatal para Sara Pérez no CESA Sub-16

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss