
Monforte converteuse este mércores no primeiro escenario provincial do Correlingua 2026, unha iniciativa que reuniu estudantes de oito centros educativos nunha marcha festiva en defensa do uso do galego. A xornada concluíu cun concerto da banda Cuarta Xusta e contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro.





