Monforte levou La Vuelta Femenina ao escaparate internacional do ciclismo

Foto LVF.

Monforte converteuse nun dos grandes focos deportivos do momento coa saída da cuarta etapa de La Vuelta Femenina 2026, unha cita que reuniu na cidade ás mellores corredoras do panorama internacional e que volveu situar á capital da Ribeira Sacra no escaparate mundial do ciclismo. A Praza da Compañía concentrou a numeroso público que se achegou para seguir o control de firmas, coñecer ás protagonistas da carreira e vivir o ambiente previo á saída do pelotón.
O alcalde, José Tomé, foi o encargado de cortar a cinta de saída nun acto institucional no que tamén participaron o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén; o director deportivo da proba, Fernando Escartín, e a ex corredora Dori Ruano, embaixadora da competición. O pelotón partiu arredor das 14.15 horas desde a Compañía para percorrer distintas rúas do casco urbano antes de abandonar a cidade en dirección Bóveda.
A etapa, de 115 quilómetros, uniu Monforte e Antas de Ulla atravesando municipios como Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Taboada ou Monterroso. Ao longo do percorrido urbano, centos de veciños seguiron o paso das corredoras nunha xornada marcada polo ambiente festivo e pola expectación xerada arredor dunha das grandes probas do calendario internacional feminino.
Desde o Concello destacouse especialmente o impacto económico e promocional do evento, coa presenza de equipos, persoal técnico, organización, medios de comunicación e afeccionados chegados de distintos puntos. A carreira contou con retransmisión internacional e cobertura televisiva en numerosos países, ademais da presenza en Monforte de xornalistas especializados de diferentes nacionalidades.
A edición 2026 de La Vuelta Femenina rematou finalmente coa vitoria da ciclista Paula Blasi, do UAE Team ADQ, que tamén conquistou a clasificación da montaña na súa primeira participación nunha gran volta. A corredora recoñeceu logo da última etapa no Angliru a dureza da competición e destacou o apoio do seu equipo ao longo dunha semana “moi especial”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sara Inés Varela irá co equipo español ao Mundial júnior

Seguinte Nova

Centos de estudantes na marcha polo galego no Correlingua

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss