
O CEIP de Monforte acolleu unha nova actividade do programa “A Galiña de Mos vai á escola”, impulsado pola asociación Avimós coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación. O alumnado puido coñecer de preto o proceso de incubación dos ovos e asistir ao nacemento dunha ducia de polos tras tres semanas de seguimento.
A iniciativa busca divulgar as características desta raza autóctona galega e achegar ao estudantado aspectos relacionados coa súa crianza e valor gastronómico. A deputada Iria Castro visitou o centro durante a actividade.•





