
O salón de actos do IES Río Cabe acolleu a cuarta edición do Certame Intercentros de Oratoria Improvisada, unha iniciativa educativa que reuniu alumnado de oito institutos de Lugo, Ourense e Pontevedra. A competición consistiu en improvisar intervencións dun minuto sobre palabras escollidas ao azar.
Preto de oitenta estudantes participaron nas diferentes categorías da fase final, nas que se premiou a capacidade de expresión oral e a improvisación. O encontro contou coa presenza de membros da asociación Máis Debate, encargados de exercer como xurado. O relevo organizativo pasará agora ao IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.•





