A Casa da Cultura acollerá un curso de primeiros auxilios impartido por Cruz Roja

A Casa da Cultura Olga Novo acollerá o sábado 13 de xuño un curso de primeiros auxilios impartido por Cruz Roja, dirixido a persoas interesadas en adquirir habilidades básicas para actuar ante situacións de urxencia no ámbito cotián ou laboral. A actividade desenvolverase entre as 15:30 e as 20:30 horas, cun total de cinco horas de formación práctica e teórica.
O curso ten un custo de 15 euros por participante e conta cun número limitado de prazas, polo que é necesario formalizar a inscrición previamente. As persoas interesadas deberán anotarse na Biblioteca municipal antes do 9 de xuño ás 13:30 horas, na segunda planta da Casa da Cultura, ou chamando ao teléfono 982 430 546.
A organización destaca que esta formación permite adquirir coñecementos esenciais para responder ante emerxencias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón convoca o concurso para elixir o cartel da XI Feira Guímara

Seguinte Nova

A Xunta emite o informe ambiental estratéxico do Plan Básico Municipal de Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss