A Pobra do Brollón convoca o concurso para elixir o cartel da XI Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón abriu a convocatoria do segundo concurso de carteis da Feira Guímara, co obxectivo de seleccionar a imaxe anunciadora da súa undécima edición. A iniciativa busca fomentar a creatividade e reforzar a presenza visual dun evento que cada ano lembra a revolta veciñal contra o Conde de Lemos. A Feira Guímara celebrarase o 11 de xullo de 2026 e desenvolverase como unha romaría no campo da feira, xunto ao río Rubín, con representacións históricas, música, artesanía e produtos locais. O certame está aberto a persoas maiores de 18 anos e a proposta gañadora recibirá 200 euros. As bases poden consultarse nas dependencias municipais e o prazo remata o 12 de xuño ás 14:00 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria acolle unha mostra fotográfica sobre o futuro do galego entre a mocidade

Seguinte Nova

A Casa da Cultura acollerá un curso de primeiros auxilios impartido por Cruz Roja

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss