A vacinación contra o virus do papiloma humano amplíase aos homes de ata 25 anos

A ampliación da cobertura do programa de inmunización incluirá a todos os varóns nados a partir do ano 2001. Foto EV

Galicia ampliou desde o luns 25 de maio a vacinación fronte ao virus do papiloma humano aos homes de ata 25 anos. A medida permitirá acceder á inmunización aos mozos nados desde 2001, dentro da estratexia de prevención impulsada pola Consellería de Sanidade para reducir a circulación desta infección de transmisión sexual.
A vacina incorporouse ao calendario galego para os varóns de 12 anos en 2022 e, desde entón, a cobertura foi ampliándose progresivamente ata alcanzar primeiro os 19 anos e posteriormente os 21. No caso das mulleres, a inmunización forma parte do programa sistemático desde 2008.
As novas cohortes recibirán unha única dose, seguindo as recomendacións actuais para simplificar o proceso. As persoas interesadas poderán solicitar cita mediante a aplicación Sergas Móbil ou contactando co seu centro de saúde.
O Executivo galego destinará preto dun millón de euros para vacinar arredor de 21.000 homes nados entre 2001 e 2003.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Renfe adianta a saída do Alvia Lugo-Madrid para facilitar viaxes no día

Seguinte Nova

Galicia impulsa a recuperación de oliveiras autóctonas para reforzar a produción de aceite

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss