A Xunta emite o informe ambiental estratéxico do Plan Básico Municipal de Pantón

O Plan Básico Municipal de Pantón servirá para delimitar os núcleos rurais e o solo rústico

A Xunta de Galicia fixo público o informe ambiental estratéxico correspondente ao Plan Básico Municipal (PBM) de Pantón, un paso clave dentro do procedemento de avaliación ambiental simplificada. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade determina que o plan non xerará efectos ambientais significativos, aínda que establece condicións que deberán ser atendidas durante o seu desenvolvemento. O documento permitirá avanzar cara á aprobación dun instrumento de ordenación propio para o municipio, que actualmente carece de planeamento xeral.
O PBM servirá para delimitar os núcleos rurais e o solo rústico, facilitando a actividade urbanística básica sen introducir criterios de crecemento urbano. Tras a súa emisión, o informe foi remitido á Dirección Xeral de Urbanismo e publicado no Diario Oficial de Galicia e no portal da Consellería de Medio Ambiente, continuando así a súa tramitación administrativa.
A Xunta lembra que os Plans Básicos Municipais están pensados para concellos de menos de 5.000 habitantes que non dispoñen dun plan xeral, como é o caso de Pantón. Ata o de agora, Galicia era a única comunidade autónoma que debía informar sobre bens de todo o territorio con independencia do seu grao de protección, o que supuña a xestión anual duns 30.000 expedientes. As modificacións normativas buscan reducir estes prazos e evitar que a protección patrimonial limite o desenvolvemento de proxectos municipais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Casa da Cultura acollerá un curso de primeiros auxilios impartido por Cruz Roja

Seguinte Nova

A conselleira do Medio Rural ofreceu unha conferencia no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss