Bóveda acolleu o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Grupos Show 2026

O pavillón municipal reuniu o pasado 23 de maio clubs e público nunha xornada marcada pola calidade das coreografías propostas e a alta participación. Foto CPCXG

O Pavillón Municipal de Bóveda acolleu o pasado 23 de maio o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Grupos Show 2026, unha cita que encheu a instalación de público e participantes desde o mediodía. O evento, organizado polo Club Campelas, contou coa colaboración do Concello de Bóveda e do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Ao longo da xornada, os grupos inscritos presentaron as súas coreografías sobre a pista, combinando música, expresión artística e precisión técnica. A competición permitiu amosar o traballo realizado polos clubs durante a tempada e converteu o pavillón nun punto de encontro para familias e afeccionados á patinaxe artística.
A organización agradeceu o apoio institucional que fixo posible a celebración desta edición no concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cultura e Bóveda exploran novas liñas de colaboración para mellorar infraestruturas e dinamizar o patrimonio

Seguinte Nova

Raquel Arias asume a vicepresidencia primeira do Parlamento de Galicia

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss