Cultura e Bóveda exploran novas liñas de colaboración para mellorar infraestruturas e dinamizar o patrimonio

O conselleiro José López Campos reuniuse co alcalde José Manuel Arias para avanzar en proxectos culturais ligados ao Xacobeo 2027. Foto CPXG.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, centrada na análise de novas vías de colaboración para reforzar os equipamentos culturais do municipio. O encontro permitiu avanzar na planificación da programación de verán e na preparación de iniciativas vinculadas ao Xacobeo 2027, tendo en conta a proximidade do concello ao Camiño de Inverno e o seu potencial para acoller actividades durante os próximos anos.
Ademais da mellora das infraestruturas, abordáronse propostas relacionadas coa dinamización cultural da lingua galega, o impulso de accións dirixidas á mocidade e a conservación e posta en valor do patrimonio local. López Campos explicou ao rexedor as modificacións introducidas na Lei de acompañamento dos Orzamentos que afectan á Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, orientadas a reducir os tempos de tramitación dos expedientes vinculados á protección patrimonial.
Segundo indicou o conselleiro, Galicia era ata agora a única comunidade autónoma que debía informar sobre bens de todo o territorio con independencia do seu grao de protección, o que supuña a xestión anual duns 30.000 expedientes cun prazo de resolución que podía prolongarse entre seis e doce meses. As modificacións buscan axilizar estes procedementos para facilitar o desenvolvemento de proxectos municipais sen comprometer a preservación do patrimonio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A conselleira do Medio Rural ofreceu unha conferencia no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Bóveda acolleu o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Grupos Show 2026

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss