Monforte recibe a cuarta Escoba de Platino pola súa xestión de residuos

Monforte vén de ser distinguido coa Escoba de Platino 2026, un recoñecemento concedido por ATEGRUS ás administracións destacadas na limpeza e tratamento de residuos. O galardón premia a reorganización do servizo tras integrar o punto limpo e o centro verde na recollida xeral e na limpeza viaria, permitindo mellorar o control dos residuos e optimizar recursos. Desde a súa posta en marcha rexistráronse máis de 3.100 accesos ao punto limpo e preto de 248 toneladas de residuos xestionados. No centro verde contabilizáronse máis de 280 toneladas, incluídos materiais retirados de verteduras incontroladas.
O Concello mantén ademais campañas de compostaxe e reciclaxe doméstica, con reparto gratuíto de composteiros e cubos marróns para favorecer a separación da materia orgánica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicadas catro novas vivendas públicas en réxime de alugamento en Monforte

Seguinte Nova

Os Bonos Talento Empresa reforzan a formación flexible para traballadores

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss