O BNG leva ao pleno propostas para recuperar a muralla medieval e revitalizar o mercado gandeiro

O BNG de Monforte levou ao último pleno municipal dúas iniciativas centradas na recuperación patrimonial e na revitalización de espazos históricos da cidade. A primeira delas reclamou á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural unha actuación integral sobre a muralla medieval, mentres que a segunda puxo o foco na recuperación e reorganización do recinto do mercado gandeiro.
A moción relativa á muralla saíu adiante por unanimidade. O BNG advertiu do deterioro que presenta este elemento histórico, malia contar coa protección de Ben de Interese Cultural e formar parte do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte. O portavoz do BNG, Emilio J. Sánchez, defendeu a necesidade de pasar “das declaracións ás actuacións concretas” para conservar un espazo que considera fundamental para a memoria histórica e cultural da cidade.
Tamén se debateu unha proposta para impulsar novos usos no campo da feira. A iniciativa apostou pola rehabilitación das antigas instalacións vinculadas ao gando e pola creación dun plan que permita destinar o recinto a mercados, eventos comerciais e actividades ligadas ao rural. A moción obtivo o apoio de PP, BNG e Esperta Monforte, mentres o PSOE optou pola abstención.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra Next impulsa novos proxectos empresariais ligados á innovación e ao territorio

Seguinte Nova

O PP cuestiona a versión oficial sobre as obras dos pasos a nivel do Morín

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss