O PP cuestiona a versión oficial sobre as obras dos pasos a nivel do Morín

Os senadores populares denuncian contradicións entre a información facilitada por ADIF e a resposta remitida polo Goberno central. Foto GPPP.

O PP de Monforte criticou esta semana a situación das obras de supresión dos pasos a nivel do barrio do Morín e acusou ao Goberno central de minimizar os problemas detectados na actuación. Os senadores populares José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano sinalaron que existen “contradicións evidentes” entre a resposta oficial remitida polo Executivo e as explicacións ofrecidas por responsables de ADIF durante unha visita á zona.
Segundo explicaron, no percorrido polos traballos recoñeceuse a existencia de incidencias técnicas que obrigarán a modificar o proxecto inicial e incrementarán os custes previstos. O PP sostén que esta situación provocará atrasos nunha intervención considerada clave para a mobilidade e a seguridade viaria da contorna ferroviaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG leva ao pleno propostas para recuperar a muralla medieval e revitalizar o mercado gandeiro

Seguinte Nova

A Deputación reclama blindar por lei as institucións fronte ao transfuguismo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss