O Xeoparque Montañas do Courel sede da segunda edición do campionato de voos de parapente

O Xeoparque Montañas do Courel acollerá de novo un campionato de voos de parapente a longa distancia promovido polo Club Parapente Quiroga. A segunda edición introduce cambios no regulamento para ampliar a participación e dar prioridade aos despegues realizados desde o municipio de Quiroga. O certame contará con tres categorías: maior distancia percorrida desde os despegues de Quiroga, Folgoso do Courel ou Ribas de Sil; maior número de horas de voo acumuladas e maior altura alcanzada dentro do territorio; e mellor reportaxe fotográfica dos voos realizados no Xeoparque.
A competición desenvolverase entre o 1 de xuño e o 10 de setembro. As persoas participantes deberán dispoñer de seguro federativo ou de accidentes e contar con radiocontrol contratado para este tipo de actividades. Para validar os resultados, será necesario presentar tracks que acrediten distancias, tempos e puntos de despegue e aterraxe. Un xurado composto por tres ou catro membros emitirá o fallo final, que será inapelable. Os premios para os tres primeiros clasificados serán de 500, 300 e 200 euros, seguindo o modelo da edición anterior.
O Club Parapente Quiroga segue a impulsar esta práctica deportiva no sur da provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Feira do Gando de Seoane do Courel celebrou unha nova poxa de Rubia Galega

Seguinte Nova

Quiroga presenta a terceira edición do programa “Descubrir Quiroga”

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss