O xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, acolle a primeira edición da Floralia, unha festa de ambientación romana promovida polo Concello co apoio da Xunta. O delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde, Luis Fernández Guitián, presentaron unha programación que combina actividades divulgativas e participativas para todos os públicos. A celebración, inspirada nas antigas festas romanas da primavera, desenvolveuse entre as 10.30 e as 14.30 horas coa participación da asociación Caetra Lucensium. Houberon exposicións sobre xogos, moeda e armamento romano, ademais de obradoiros infantís. A xornada completouse con visitas guiadas ao xacemento organizadas e dirixidas por Tempos Arqueolóxicos, responsables das últimas escavacións.•





