Salvemos O Malecón pide a dimisión de José Tomé

Desde a plataforma veciñal denuncian que, no minuto 3:50 do vídeo publicado polo Concello, José Tomé ensina como “real” unha infografía dun proxecto descartado en 2020.

A plataforma veciñal Salvemos O Malecón reclamou esta semana a dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, ao considerar que utilizou “documentación enganosa” nun vídeo difundido polo Concello sobre o proxecto da nova ponte. O colectivo sostén que no minuto 3:50 da gravación o rexedor presenta como definitiva unha infografía pertencente a unha proposta descartada no concurso celebrado en 2020.
Segundo denunciou a plataforma, a imaxe empregada correspondería ao proxecto denominado Camiños da Ponte Nova, que non resultou gañador no proceso de selección. O colectivo considera que esa recreación ofrece unha visión “máis lixeira” da infraestrutura e non coincide coa solución finalmente elixida, denominada Mercedes.
Salvemos O Malecón asegura que esta situación reforza as súas críticas ao impacto urbanístico da actuación prevista na contorna do paseo fluvial. Entre outros aspectos, cuestiona a altura do futuro vial, a afectación á arborado e a ampliación da superficie destinada ao tráfico rodado. A plataforma tamén dubida da tramitación seguida diante de Patrimonio Cultural e sostén que o proxecto definitivo non estaba pechado cando se emitiron os primeiros informes.
A entidade anunciou ademais a presentación dunha solicitude de peritaxe ante o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co obxectivo de verificar a documentación utilizada no debate público arredor da ponte. Paralelamente, trasladou un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para pedir aclaracións sobre o proceso administrativo.
O colectivo lembrou tamén que nas últimas semanas organizou actos informativos e participou na difusión de material crítico co proxecto, nun contexto de crecente debate político e social arredor da futura conexión sobre o río Cabe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP provincial pide medidas inmediatas tras a declaración da denunciante de José Tomé

Seguinte Nova

Beret e Miss Cafeína estarán entre os principais reclamos musicais das festas monfortinas

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss