
A Asociación Galega da Empresa Familiar elixiu a Tona Martínez como nova presidenta da entidade. A directiva convértese así na primeira muller que asume a presidencia da organización, tomando o relevo de José Bernardo Silveira.
Na súa intervención, Martínez reivindicou o esforzo das familias empresarias e puxo o foco na necesidade de impulsar o emprendemento entre a mocidade e as mulleres. Tamén destacou o papel das xeracións anteriores na consolidación dos proxectos empresariais e lembrou a importancia do traballo desenvolvido polas mulleres no ámbito familiar.
Durante a xornada, AGEF repasou as actividades realizadas no último ano e organizou un debate sobre intelixencia artificial aplicada á empresa con representantes de distintos grupos galegos. •





