A II Semana do Patrimonio Invisible achegará ao público espazos singulares de Monforte, Chantada, Taboada e O Incio

A iniciativa da Deputación amplía localizacións e visitas, con prazas limitadas e inscrición previa desde o 28 de maio. Foto GPDL.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentou a segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa que regresa tras a boa acollida do pasado ano e que busca achegar ao público espazos históricos e culturais que, pola súa natureza, permanecen fóra dos circuítos turísticos habituais. O programa desenvolverase os días 6, 7, 13 e 14 de xuño e inclúe 12 localizacións e 32 visitas guiadas, sumando un total de 505 prazas dispoñibles.
A deputada Iria Castro explicou que o obxectivo é “descubrir recursos patrimoniais pouco coñecidos e convidar a mirar con outros ollos lugares que temos preto”. A responsable provincial destacou tamén a importancia de promover o coñecemento da diversidade patrimonial e de sensibilizar sobre a conservación destes bens.
Na comarca de Lemos, Monforte incorpora ao programa o Pozo da Neve de Piñeira, unha estrutura do século XVII vinculada aos Condes de Lemos que se abre ao público por primeira vez. A visita permitirá coñecer o funcionamento deste antigo depósito de xeo, empregado con fins medicinais e posteriormente como adega.
En Chantada, o itinerario inclúe o Encoro de Belesar, unha das maiores centrais hidroeléctricas de Galicia. A actividade permitirá acceder ao interior da infraestrutura e comprender o seu papel no desenvolvemento enerxético da Ribeira Sacra.
En Taboada, o programa detense no Pazo e igrexa de San Pedro de Bembibre, un conxunto histórico que permite achegarse ao antigo condado de Taboada a través do pazo-fortaleza do século XV e da igrexa románica onde repousan varios dos seus señores.
Pola súa banda, O Incio incorpora a Fonte do balneario da Ferrería, parte dun antigo hotel balneario de finais do século XIX coñecido polas súas augas ferruxinosas. A visita inclúe un percorrido pola aldea e o acceso á fonte histórica.
As inscricións abriranse o 28 de maio ás 12:00 horas na plataforma oficial patrimonioinvisible.gal. As visitas serán gratuítas, en grupos reducidos e con reserva previa obrigatoria, permitindo combinar dous percorridos na mesma xornada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES A Pinguela despide a 44 alumnos nunha graduación marcada pola emoción

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo abre a inscrición para o novo Laboratorio de Experiencias na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss