
A Xunta inaugurou o novo salón de actos do IES Lama das Quendas, unha das actuacións incluídas no Plan de nova arquitectura pedagóxica. O espazo, situado na parte traseira do centro, conta con máis de 200 prazas e unha superficie próxima aos 350 metros cadrados. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que esta obra supuxo un investimento de arredor de 750.000 euros.
Rodríguez lembrou que, ademais desta actuación, no último ano se executaron melloras no CEIP Xoán Requeixo, cun orzamento superior aos 460.000 euros, e no IES Val do Asma, onde se renovaron elementos estruturais por preto de 300.000 euros. O conselleiro afirmou que estas intervencións buscan “mellorar a comodidade da comunidade escolar.•





