O grupo visitou o Congreso dos Deputados acompañado polos parlamentarios Francisco Conde e Jaime de Olano

Un grupo de estudantes e docentes do IES Daviña Rey participou a pasada fin de semana nunha viaxe cultural a Madrid organizada arredor de actividades educativas e institucionais. O alumnado foi convidado polo deputado monfortino Francisco José Conde López e tivo ocasión de coñecer o funcionamento do Congreso dos Deputados nun percorrido guiado polos parlamentarios Francisco Conde e Jaime de Olano.
Durante a estadía, os participantes visitaron algúns dos espazos máis representativos da capital, entre eles a Porta do Sol, a Praza Maior, Cibeles, a Porta de Alcalá ou o Palacio Real. A programación completouse cunha visita ao Museo Nacional de Ciencias Naturais e coa asistencia ao encontro de fútbol entre o Real Madrid e o Athletic Club no estadio Santiago Bernabéu.•





