Iago Suárez será o candidato do BNG á Alcaldía de Chantada en 2027

A Asemblea Local elixiuno por unanimidade para encabezar a candidatura nacionalista en Chantada. Foto GPBNG.

O BNG de Chantada escolleu por unanimidade a Iago Suárez como candidato á Alcaldía nas eleccións municipais de 2027. A decisión adoptouse na Asemblea Local celebrada o 14 de xuño, onde o actual responsábel local e deputado no Parlamento galego expresou a súa “honra” por encabezar a candidatura. Suárez afirmou que afronta o reto “con ilusión e ganas de traballar por Chantada”, lembrando o labor desenvolvido na defensa de investimentos e infraestruturas para o municipio. O novo candidato a alcaldía do BNG forma parte do organigrama da directiva da SD Chantada e paticipa no grupo musical TIAM Gz. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga presenta a terceira edición do programa “Descubrir Quiroga”

Seguinte Nova

A Xunta inaugura o novo salón de actos do IES Lama das Quendas de Chantada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss