
O Concello de Chantada confirmou a aprobación de dous proxectos urbanísticos que permitirán actuar na rúa Concepción Arenal e na contorna da rúa Ribeira Sacra a partir do verán. Na zona alta da vila, o goberno local adquiriu varias parcelas e obtivo a cesión doutro terreo para abrir un novo vial con beirarrúas, iluminación, saneamento e aparcamentos, ademais dunha área verde con parque infantil. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que a intervención “responde a unha demanda histórica da veciñanza”. Na rúa Ribeira Sacra prevese ampliar a zona verde e mellorar a circulación. O investimento total ascende a 150.000 euros para acondicionar 2.500 metros cadrados.•





