O Consorcio de Turismo abre a inscrición para o novo Laboratorio de Experiencias na Ribeira Sacra

A programación inclúe actividades gratuítas arredor da paisaxe, a creación artística e a cultura da auga

A iniciativa busca testar actividades que poñan en valor a identidade, a paisaxe e a creatividade da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abriu o prazo de inscrición para participar no Laboratorio de Experiencias, unha nova proposta que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 28 de xuño en distintos puntos do territorio. A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino e busca testar actividades que poñan en valor a identidade, a paisaxe e a creatividade da Ribeira Sacra.
O programa estrutúrase en catro grandes liñas temáticas. A primeira, Artes na Ribeira, inclúe obradoiros de danza, música, pintura, escultura e teatro, con participación directa do público. A segunda, Auga activa, propón rutas interpretativas, sendeirismo combinado con kaiak, barranquismo xeolóxico e actividades vinculadas á minería histórica ou á pesca.
A terceira liña, Buses experienciais, ofrece percorridos en autobús para coñecer explotacións agrogandeiras, proxectos produtivos e talleres de artistas. A cuarta, Cultura da auga, afonda na memoria tradicional, nas lendas e na arquitectura vinculada á auga, con propostas arredor de muíños, mitoloxía, mosteiros e transformacións da paisaxe.
As actividades desenvolveranse ao longo de seis fins de semana consecutivas, combinando accións culturais, deportivas e divulgativas. Todas son gratuítas e inclúen, cando é necesario, desprazamentos, comida ou petiscos e un pequeno agasallo para as persoas participantes.
O Consorcio destaca que o Laboratorio de Experiencias nace nun momento clave, coincidindo coa candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO, que será resolta en xullo de 2026. A programación pretende ofrecer unha visión máis próxima e participativa do territorio, reforzando a conexión entre visitantes, comunidade local e recursos naturais
As inscricións xa están abertas a través das canles oficiais do Consorcio ata completar prazas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A II Semana do Patrimonio Invisible achegará ao público espazos singulares de Monforte, Chantada, Taboada e O Incio

Seguinte Nova

O Club Lemos comeza a fase de ascenso con victoria

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss