
O Grupo Provincial Popular anunciou que solicitará no vindeiro pleno da Deputación a reparación urxente da estrada LU-P-1811, situada no concello de Chantada. O voceiro Antonio Ameijide explicou que a vía presenta un estado “totalmente estragado e inseguro”, lembrando unha recente visita realizada xunto ao alcalde, Manuel Varela, e varios veciños. Segundo indicou, as fochancas e a falta de mantemento dificultan a circulación en numerosos puntos. Os populares pedirán renovar o firme, limpar as cunetas, podar a vexetación e actualizar a sinalización.•





