A Casa da Cultura acolle a exposición “Raíces” de Xosé Manuel Otero

A mostra reúne imaxes creativas, escenas da comarca e paneis con retratos e tradicións. Foto GPCCH.

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o día 30 a exposición fotográfica “Raíces”, de Xosé Manuel Otero. A mostra inaugurouse o pasado venres nun acto ao que asistiron o alcalde, Manuel Lorenzo, e o autor. Otero, natural da comarca e residente en Lugo, conta cunha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas desde 1994.
A proposta dividíase en tres bloques: imaxes creativas, escenas de xentes e costumes, e paneis con retratos acumulados ao longo dos anos. A exposición incluía tamén fotografías de paisaxe e dunha matanza tradicional. O público pode visitala en horario de mañá e tarde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezou a X edición do obradoiro dual de emprego Serra do Faro

Seguinte Nova

Chantada celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha campaña centrada nas 5R

Últimas noticias sobre CULTURA

Entrevista a Zahara

Falamos con Zahara, cantante e compositora comprometida coa disrupción artística e a traxectoria evolutiva natural da figura do artista P: Quen é
Ir aInicio

Don't Miss