O Club Lemos busca recuperar, case dúas décadas despois, o camiño da Terceira División

Foto FITO PERIALE

Escribir esta crónica é especialmente complicado para min, por dous motivos, un é estritamente circunstancial, por motivos de peche de rotativa, temos que pechar este número de EnComún antes de que se celebre o primeiro partido do playoff de ascenso ante o Portonovo en Monforte, aínda cando se publicará o luns, e por tanto o lector xa coñecerá o resultado dese partido. Segundo polo meu vínculo sentimental co Club Lemos. Hai que ter en conta a miña idade, teño 59 anos, e que desde que teño uso de razón fun a ver partidos do Lemos, cando os meus pais me levaban ao vetusto Luís Bodegas a ver os colosais duelos ante equipos da talla do Deportivo da Coruña, Bilbao At. Baracaldo, Avilés, Cultural Leonesa, Racing de Ferrol, Pontevedra, ou os de máxima rivalidade con Ponferradina ou o Ourense. Non se canto a miña memoria traizóame, pero naqueles partidos, había moitísimo público, a tribuna e a preferencia enchíanse, e en xeral tamén había moita xente. Entón o fútbol igualábanos aos monfortinos con outras cidades máis grandes. E enchíanos de orgullo, ver como eramos humildes, pero competiamos sempre naquela mítica terceira división, na que o Club Lemos era un dos seus equipos clásicos. Foron moitos e bos anos, pero o tempo pasou, e aínda que houbo bos momentos, como a promoción a Segunda B con Francis como adestrador, ou o último ascenso conseguido con Stroni. o certo é que levamos xa demasiados anos sen pisar a Terceira División. Case os vinte que cantaba Gardel. E xa empezan a pesar. E agora no novo campo da Pinguela, os afeccionados volven vibrar co Club Lemos. E eu tamén quero facelo. Espero que o domingo o resultado ante o Portonovo acompañe aos de Marquitos, e permítannos seguir soñando con recuperar o que nunca debemos perder. Sorte para onte e sorte para o partido de Portonovo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Val de Lemos infantil mixto xoga a fase de ascenso a Liga Galega

Seguinte Nova

O Cardeal énchese de música co Conservatorio na rúa

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss