O IES Daviña Rey celebrou a graduación do alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato

O IES Francisco Daviña Rey viviu o pasado 5 de xuño unha das citas máis sinaladas do curso coa graduación do alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato. O salón de actos acolleu dúas cerimonias nas que estudantes, familias e docentes compartiron un acto marcado polas lembranzas e os agradecementos.
Durante a celebración interviñeron membros do equipo directivo, titoras e representantes do alumnado, que repasaron experiencias vividas ao longo dos últimos anos e destacaron o valor do compañeirismo e do apoio recibido durante a etapa educativa.
A entrega de bandas e diplomas simbolizou o peche dun ciclo formativo para os mozos e mozas graduados. A programación completouse cunha actuación musical de inspiración tradicional e cun encontro posterior na cafetaría do centro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Fin de etapa para o alumnado da ESO do IES A Pinguela

Seguinte Nova

O Ciclo Mestre Mateo achegará oito filmes galegos a concellos sen salas de cine

Últimas noticias sobre CULTURA

Entrevista a Zahara

Falamos con Zahara, cantante e compositora comprometida coa disrupción artística e a traxectoria evolutiva natural da figura do artista P: Quen é
Ir aInicio