O IES Río Cabe alcanza as semifinais de Parlamento Xove con dous equipos

O IES Río Cabe volveu destacar no certame Parlamento Xove ao situar nas semifinais aos seus equipos de ESO e Bacharelato. Os estudantes lograron superar as diferentes fases da competición e participaron na xornada decisiva celebrada no Parlamento de Galicia, un dos principais foros de oratoria xuvenil da comunidade.
A clasificación supuxo un recoñecemento ao traballo desenvolvido ao longo do curso tanto polo alumnado como pola profesora coordinadora, Pilar López. A comunidade educativa seguiu con atención a evolución dos representantes do centro nun programa que fomenta a capacidade argumentativa, a análise crítica e o traballo en equipo. Parlamento Xove reuniu máis de 300 participantes distribuídos en 64 equipos. Na categoría de Secundaria, o triunfo foi para o Colexio Plurilingüe La Salle de Santiago, mentres que en Bacharelato resultou vencedor o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ruta da Ribeira Sacra regresa cos Trens Turísticos cunha alta demanda nas primeiras saídas

Seguinte Nova

Fin de etapa para o alumnado da ESO do IES A Pinguela

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss