
A Asociación Micolóxica Os Lactouros presentou unha colección especial de navallas destinadas ás persoas socias da entidade. As pezas, fabricadas nun taller artesanal de Taramundi, incorporan elementos propios das ferramentas empregadas na recollida de cogomelos, como a folla curva e o cepillo para a limpeza no monte.
A iniciativa busca recoñecer a tradición artesá e reforzar os vínculos entre a comarca de Lemos e a localidade asturiana, ambas ligadas ao medio natural. A distribución das navallas realizarase nos próximos días entre os membros da asociación.•





