Quiroga e Ribas de Sil celebraron o Corpus Christi con procesións e alfombras florais

As parroquias mantiveron a tradición con altares, tapices e unha homenaxe á visita do Papa a España. Foto RTMQ.

O domingo 7 de xuño celebrouse o Corpus Christi, unha das festividades máis destacadas do calendario relixioso. En Quiroga, a igrexa de San Martiño reuniu numerosos fregueses e ás familias das dúas nenas que recibiron a primeira comuñón. Tras a misa, a procesión percorreu varias rúas do centro, deténdose en tres altares florais elaborados polos veciños.
En San Clodio, a parroquia mantivo a tradición das alfombras de flores que decoraban o atrio da igrexa. Pola súa banda, en Ribas de Sil os veciños incorporaron ás súas creacións unha referencia á visita do Papa León XIV a España, reproducindo o logotipo oficial da viaxe. Os traballos realizáronse grazas á colaboración das parroquias e dos fregueses, que prepararon as alfombras durante os días previos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación e Ribas de Sil asinan un convenio para mellorar infraestruturas e servizos no concello

Seguinte Nova

Claudio Garrido anuncia que non repetirá como candidato en 2027

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss