
A organización das festas de San Xoán e das principais citas estivais centraron a reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada en Sarria, presidida pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, xunto ao concelleiro Félix Seijas.
No encontro revisouse a situación da seguridade cidadá no municipio e definiuse o operativo que se activará durante as celebracións, co obxectivo de reforzar a prevención e garantir o normal desenvolvemento dos actos programados. O dispositivo contará coa colaboración da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
Os responsables destacaron a coordinación entre administracións e corpos de seguridade como unha ferramenta esencial durante o período festivo.•





