
Feligreses da parroquia da Estación, en Monforte, posan xunto á alfombra floral confeccionada con motivo da festividade do Corpus. A composición, elaborada de forma colectiva, encheu de cor unha celebración que mantén viva unha das tradicións relixiosas máis arraigadas.





