
A Xunta destinara 468.000 euros ao obradoiro dual de emprego Ricra IX, impulsado polo Concello de Pantón en colaboración cos de Sober e O Saviñao. A directora territorial de Emprego, Carmen José López, asistiu ao inicio da formación, na que participarán vinte persoas desempregadas. O programa inclue dúas especialidades vinculadas á conservación de montes e ás repoboacións forestais.
Durante os nove meses de actividade, o alumnado combinará teoría e práctica mediante traballos en beneficio dos tres municipios. En Pantón actuarase en varias rutas de sendeirismo e en áreas verdes de Ferreira, Deade e O Baliño. No Saviñao realizáronse melloras na Ruta da Ribeira Sacra do Miño e en zonas verdes de Escairón e Aias. En Sober acometeranse labores en rutas e miradoiros.•





