Monforte licita novas melloras viarias en Piñeira por máis de 280.000 euros

O Concello de Monforte sacou a contratación dous novos proxectos de renovación de firmes en Piñeira cun investimento de 281.595 €. As actuacións forman parte do plan municipal de mellora de infraestruturas viarias presentado este ano, que supera o millón de euros e inclúe intervencións tanto no casco urbano como na zona rural.
Un dos proxectos céntrase na estrada que comunica os núcleos de As Bodegas e A Regueira. A actuación abarcará preto de 780 metros de vía e contempla a reparación das zonas deterioradas, a achega de novos materiais para reforzar a base, a extensión dunha nova capa de rodadura e a renovación da sinalización horizontal.
A segunda intervención executarase en dous viarios que enlazan o lugar de O Bosque coa contorna do Reboredo. Neste caso actuarase sobre máis de 1,6 quilómetros de pistas municipais, onde tamén se renovará o pavimento e se acondicionarán distintos elementos da vía, incluído un redutor de velocidade xa existente.
As dúas licitacións foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local e permanecen publicadas na Plataforma de Contratación. O prazo para presentar ofertas remata o 29 de xuño e o tempo previsto para executar cada obra é dun mes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Hospital de Monforte participará na nova fase do proxecto Xenoma Galicia

Seguinte Nova

Jessica Bazaes asina a imaxe oficial das Festas Patronais de 2026

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio