
Pantón acolleu o 30 de maio a 24ª carreira da Rota do Románico, cunha participación próxima aos douscentos inscritos e máis dun cento na proba absoluta. A xornada incluíu por primeira vez unha andaina popular pola ruta do Xanarteiro. Marta Marqués e Sindo González impuxéronse nas probas principais.





