Semente Ribeira Sacra pecha a inscrición con 63 ideas empresariais en concurso

O xurado dará a coñecer o 27 de xullo os dez proxectos finalistas desta convocatoria. Foto GPSRS.

A XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra concluíu a fase de recepción de candidaturas cun total de 63 iniciativas validadas.
As propostas abranguen ámbitos moi diferentes, desde aplicacións tecnolóxicas para o sector vitivinícola e o uso de drons na actividade agraria ata proxectos relacionados coa educación, a música, a rehabilitación de espazos, a gastronomía, a artesanía ou os produtos cosméticos. Tamén figuran iniciativas vinculadas ao turismo, o benestar e a recuperación da memoria rural.
A maior parte das candidaturas proceden de Galicia, con presenza destacada da provincia de Ourense, aínda que tamén se rexistraron participantes doutras comunidades e mesmo do estranxeiro.
O seguinte paso será a avaliación das propostas por parte do xurado, que anunciará o 27 de xullo as dez ideas seleccionadas para acceder á fase final, ademais de tres reservas. Os finalistas terán que defender os seus traballos nun acto que terá lugar en novembro no Parador de Monforte, escenario tamén da entrega dos premios. O certame repartirá galardóns económicos de 10.000, 6.000 e 4.000 euros, ademais dun programa executivo de formación empresarial para o promotor da iniciativa añadora e dun plan formativo específico para os proxectos finalistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte impulsa a ampliación do polígono do Reboredo con nova ordenación urbanística

Seguinte Nova

Tomé asegura que a reforma do Parque dos Condes incrementará a superficie verde

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss