A Asociación Veciñal do Saviñao reclama a cobertura médica en Escairón

A entidade lembra que a comarca xa sufriu problemas similares noutros municipios e atribúe o deterioro á centralización da xestión en Lugo

A asociación veciñal solicita á Consellería de Sanidade que garanta as tres prazas do centro de saúde. Foto EV.

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Consellería de Sanidade para solicitar a cobertura completa das prazas médicas do centro de saúde de Escairón. O colectivo denuncia que, durante o mes de xuño, só un dos tres profesionais atende de maneira estable, mentres que os outros dous cupos quedan cubertos de forma intermitente por persoal eventual. Esta situación, sinalan, está a provocar atrasos e dificultades na atención sanitaria. A entidade lembra que a comarca xa sufriu problemas similares noutros municipios e atribúe o deterioro á centralización da xestión en Lugo. Tamén advirte de que a chegada de familias retornadas no verán incrementará a demanda asistencial. A asociación esixe “unha solución urxente e estable” que garanta o dereito á saúde e permita recuperar a normalidade no servizo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Última oportunidade para visitar a exposición «O lexicón freático»

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón incorpora nova maquinaria para mellorar os servizos municipais

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss