
A Deputación de Lugo confirmou a adxudicación das obras de rehabilitación da estrada provincial LU‑P‑1819 ao seu paso por Chantada, unha intervención valorada en 247.820 euros. O proxecto abrangue máis de 3,7 quilómetros entre Quinzán das Peras e Mundín, unha vía moi utilizada pola veciñanza e que dá servizo tamén a Ferreiros, Nande e Amorín. As actuacións previstas inclúen melloras na drenaxe, renovación do firme mediante aglomerado en quente e reposición da sinalización horizontal e vertical.Desde a institución provincial subliñan que esta obra responde a unha demanda reiterada dos residentes e contribuirá a mellorar a mobilidade no municipio.•





