
O Concello da Pobra do Brollón dispón desde esta semana de nova maquinaria destinada a mellorar os traballos municipais. A adquisición dunha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor foi posible mediante un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O alcalde, Xosé Lois Maceda, e o vicepresidente provincial, Efrén Castro, visitaron a parroquia de Fornelas, onde xa se emprega o equipamento na acometida de auga que se está a executar. Segundo explicou o rexedor, estes medios permitirán actuar con maior axilidade en obras de mantemento e reparacións de avarías. Maceda destacou que contar con maquinaria propia facilita o coidado de camiños rurais do concello.•





